VISITA NOSA PÁXINA WEB

http://bandabelesar.es.tl/

viernes, 14 de diciembre de 2007

QUINTETO VICUS BRASS



FUNDADO EN XANEIRO DO ANO 2007. FAI A SUA PRESENTACIÓN OFICIAL, NO AUDITORIO DO C.C. MUNICIPAL DE BELESAR (BAIONA) Ó 30 DE DECEMBRO DO 2007, CO SEGUINTE PROGRAMA:

1. YESTERDAY...... JONH LENNON /DANIEL GUYOT
2. FUNERAL MARCH OF A MARIONETTE.... CHARLES FRANCOIS GOUNOD
3. SUITE AMERICANA.... ENRIQUE CRESPO
RAGTIME / VALS PERUANO / SON DE MÉXICO
4. DANZA RITUAL DEL FUEGO (AMOR BRUJO).... MANUEL DE FALLA
5. CARMEN (TOREADOR SONG)..... G. BIZET
6. VIRGEN DE LA MACARENA..... ARRANXO: M. ALEJANDRO FIGUEIROA
7. BALADA GALEGA..... XOÁN MONTES
8. TRITSCH TRATSCH POLKA..... J. STRAUSS.

miércoles, 12 de diciembre de 2007

JESÚS M. PENA COSTAS (Tuba)




Nace en Belesar (Baiona) no ano 1989. Comeza os seus estudos na Agrupación Musical de Belesar no ano 2004,da man dos mestres D. Eduardo Diz, D. Javier Alonso Pérez e Javier Domínguez Millán, un ano maís tarde accede o grao profesional de tuba, no conservatorio profesional de música de Vigo.

Participa nun proxecto de creación da X.O.I.G.A, do 25 de Agosto ó 4 de Setembro, actuando por diferentes auditorios da comunidade galega e no teatro sala de concertos de Caixanova.

Na actualidade estuda 3º de Grao profesionl co xa mencionado mestre J. Carlos Díaz

SARA EDREIRA TARELA (Trompa)




Nace en Vigo en 1984 e inicia os seus estudos musicais no Conservatorio Superior de Música de Vigo, ós 11 anos. Estuda con Camilo González Fernández, Enrique Lorenzo Vila, Sergio Noche, María Pilar Simeó Gijón.

Asiste a diferentes cursos de perfeccionamento cos profesores Vicente Llopis, Jorge Miguel Rosmaninho Barradas, Bohdan Sebestik e Miguel Guerra Arévalo e recibe clases de Francisco Pérez e Gustavo Castro.

Na actualidde é membro da Orquesta Clásica de Vigo e profesora na EB1/J.I. de Monção

LUIS SERRAPIO FERNÁNDEZ (Trompeta)



Nace en Vigo óm9 de Setembro de 1992. Comeza os seus estudos no ano 1997 na escola da Agrupación Msical "Lira" de San Miguel de Oia (Vigo). Entra no CMUS profesional de Vigo na especialide de trompeta donde aproba o acceso a grao medio no ano 2004. Recibe clases cos mestres Jose Vicente Simeó, Javier Viceiro, Javier González e José Pérez entre outros.
Asiste a cursos de prefeccionamento con Javier Viceiro, Jose María Ortíz Soriano,Jan Van Der Roost.
Na actualidade cursa 4º de Grao Profesional no CMUS profesional de Vigo.

EMILIO J. PUIME CARIDE (Trombón)




Nace en Vigo o 25 de Xaneiro de 1989, comeza os seus estudos de trombón na escola de música do Ateneo Musical de Bembrive, banda esta a que segue ligado na actualidade. A idade de 10 anos, ingresou no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, centro no que na actualidade cursa 6º de Grao Medio.
Reaizou cursiños de especialización con trombonsitas cunha grande experiencia, como Indalecio Bonet (trombón solista do quinteto spanish Brass), Scott Hartman (profesor da universidade de Boston), o Ximo Vicedo Davó

MANUEL ALEJANDRO FIGUEIROA ALONSO (TROMPETA)





Nace en Vigo ó 16 de decembro de 1985.Comeza os seus primeiros estudos musicais na escola de música da Unión musical de Coruxo a idade de 10 anos. Ingresa no conservatorio profesional de música ca idade de 12 anos na especialidade de trompeta.

Reealiza cursos con recoñecidos trompetistas como Jose Marìa Ortiz, Javier Viceiro, Luis Gonzàlez, Maurice Andre, etc.
Tambén ten realizado cursos de perfeccionamento de jazz e de orquestra.

No ano 2003 pasa a formar parte como trompeta da orquestra sinfónica Reveriano Soutullo de Ponteareas e no ano 2005 ingresa tambén como trompeta na orquestra clásica de Vigo.

No ano 2004 comenza a impartir aulas na escola de música da Unión Musical de Coruxo ata ó ano 2007.
A partir do ano 2006 entra como mestre de trompeta na escuela municipal de Silleda, sendo trompeta solista de dita banda.

Participa no primer e segundo concurso de Xoves intérpretes de Vigo donde acadou un accesit e un terceiro premio respectivamente na sección de vento metal.

Asistiu a aulas de dirección orquestral co mestre Javier Viceiro.

Ten colaborado con diversas bandas de música en concursos nacionaies e internacionales donde ten acadado distintos premios.

Na actualidade é músico da banda de música municipal de Silleda, da orquestra clásica de Vigo e trompeta para a empresa "Producciones Galiarte".

En canto os seus estudos, na actualidade cursa 3º de Grao Superior de trompeta no conservatorio de música superior de Vigo.